RESOLUCIÓN DA PRESIDENCIA DO CONSORCIOGALEGO DE SERVIZOS DE IGUALDADE EBENESTAR POLA QUE SE APROBAN AS BASESXERAIS QUE HAN DE REXER NOSPROCEDEMENTOS PARA A SELECCIÓN DEPERSOAL LABORAL TEMPORAL DASGALESCOLAS
Consonte co disposto no artigo 17.17 do convenio de colaboración entre a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar e os diversos concellos galegos para a constitución do CONSORCIO GALEGO DE SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR, corresponde ao Comité Directivo do Consorcio “o establecemento das bases para a selección do persoal, así como a aprobación do cadro de persoal, as súas modificacións, a relación de postos de traballo, e a fixación da contía das retribucións”.
Por un acordo do Comité Directivo do 2 de outubro de 2006 delegáronse na Xerencia “o establecemento das bases para a selección de persoal, elaboración do cadro de persoal, RPT dos equipamentos de inmediata apertura para a súa aprobación e posterior resolución do presidente”, así como “a contratación do persoal de acordo coas bases, cadro de persoal e orzamento aprobados”.
De conformidade cos diversos convenios que se asinaron cos concellos en que radican galescolas, estes teñen dereito a participar no proceso de selección do persoal destas, así como na súa xestión.
Co fin de garantir a plena efectividade deste dereito, así como a plena implicación do persoal das galescolas na realidade social do territorio en que se sitúan, as convocatorias para a selección do seu persoal faranse de xeito individualizado para cada un dos centros.
Porén, cómpre que na formación do persoal das galescolas se estableza unha certa homoxeneidade e, deste xeito, que nos procesos de selecció ...
[Descargar]