RESOLUCIÓN DA XERENCIA DO CONSORCIO GALEGO DE SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR POLA QUE SE APROBAN AS BASES XERAIS QUE HAN DE REXER O PROCESO DE SELECCIÓN DE PERSOAL LABORAL FIXO DAS GALESCOLAS
Consonte o disposto nos Estatutos do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar (DOG nº 31, do 7 de xullo de 2006), corresponde ao comité directivo do Consorcio “o establecemento das bases de selección do persoal, así como a aprobación do cadro de persoal, as súas modificacións, a relación de postos de traballo, e a fixación da contía das retribucións”.
Por acordo do comité directivo do Consorcio de 9 de decembro de 2008 aprobouse , tras a negociación coas organizacións sindicais presentes na Mesa de Negociación de acordo co establecido no artigo 37 da Lei 7/2007, do 12 de abril, a oferta complementaria de emprego público de persoal laboral fixo para o ano 2008, en cumprimento do establecido no artigo 70 da Lei 7/2007, do 12 de abril e delegouse na xerencia do Consorcio o establecemento das bases para a selección do persoal e a contratación deste de acordo coas bases, cadro de persoal e orzamento aprobados.
Por todo isto, a xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar aprobou as seguintes bases que serán de aplicación á convocatoria para a selección de persoal laboral fixo das galescolas.
BASES XERAIS PARA A SELECCIÓN DE PERSOAL LABORAL FIXO DAS GALESCOLAS DO CONSORCIO GALEGO DE SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR
I.-Normas xerais
I.1. Obxecto
É obxecto das presentes bases a selección e contratación por parte do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar de persoal laboral fixo para os seguintes postos:
-Mestres/as
-Educadores ...
[Descargar]