Documento BORRADOR CURRICULUM INFANIL GALICIA Gratis Oposiciones Educadores - Oposiciones Magisterio - Subido por maukis

Buscador de Oposiciones y Empleo Publico
Buscador de Oposiciones y Empleo Publico
 396.057 Usuarios/709.308 Mensajes  
Buscador:
Comparte
Google Facebook Digg del.icio.us Buscaoposiciones
» Inicio » Comunidad » Grupos »

BORRADOR CURRICULUM INFANIL GALICIA

Subido por: maukis





BORRADOR CURRICULUM INFANIL GALICIA

ANTEPROXECTO DO DECRETO.............DO.......... POLO QUE SE REGULAN AS ENSINANZAS DA EDUCACIÓN INFANTIL NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA

A Lei orgánica 2/2006, de 3 de maio, de educación, no seu artigo 6, define o currículo como o conxunto de obxectivos, competencias básicas, contidos, métodos pedagóxicos e criterios de avaliación. Así mesmo, establece que lle corresponde ao goberno fixar os aspectos básicos do currículo que constitúen as ensinanzas mínimas para todo o Estado, sendo competencia das diferentes administracións educativas determinar o currículo para os seus respectivos ámbitos territoriais. En virtude destas competencias, correspóndelle á Administración educativa galega establecer o currículo do primeiro e do segundo ciclo de educación infantil. Deste último forman parte as ensinanzas mínimas fixadas no Real decreto 1630/2006, do 29 de decembro.

No presente decreto establécense para o ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia os obxectivos, fins e principios xerais referidos ao conxunto da etapa.

Ao establecer o currículo de educación infantil preténdese garantir unha educación común ao conxunto da poboación e asegurar unha educación non discriminatoria que considere as posibilidades de desenvolvemento o alumnado, calquera que sexan as súas condicións persoais e sociais: capacidade, sexo, raza, lingua, orixe sociocultural, crenzas e ideoloxía, mediante o exercicio de actuacións positivas ante a diversidade do alumnado.

Descargar el documento completo en el enlace descargar. ... [Descargar]



Condiciones de Uso y la Política de Privacidad.