ANEXO DA ACTA LEVANTADA TRALA REUNIÓN CELEBRADA O DÍA 4 DE ABRIL ONDE SE RECOLLEN OS CRITERIOS COMÚNS FIXADOS POLAS COMISIÓNS DE VALORACIÓN DAS GALESCOLAS DE BOIRO, CERDEDO, PANTÓN, PORTAS, RIANXO E TABOADA PARA A VALORACIÓNS DE MÉRITOS DOS CANDIDATOS/AS NA FASE DE CONCURSO, E ACTUALIZADA O 25 DE ABRIL POLAS COMISIÓNS DE VALORACIÓN DE A RÚA E VILABOA E O 27 POLAS COMISIÓNS DE FENE, OIA, A FONSAGRADA E COVELO.
CRITERIOS XERAIS
? Os candidatos que axunten como titulación requirida para o posto a Diplomatura en Maxisterio coa especialidade de Educación Infantil, o Título de Especialista en Educación Infantil ou o Título de Experto en Educación Infantil (estes dous últimos impartidos pola UNED), non se valorarán como titulación a maiores. Sen embargo, aqueles que posúen a titulación requirida e presentan a maiores algunha destas titulacións, serán puntuadas como indican as bases, é dicir, un punto por cada unha, sen superar o cómputo total de puntos na categoría de Cursos, Titulacións e Doutorados.
? Para os mestres, só se valorarán as Licenciaturas, que están en relación co posto requirido: Licenciatura en Psicopedagoxía, Pedagoxía e Psicoloxía. Do mesmo xeito, serán tidas en conta as Diplomaturas en Maxisterio de outras especialidades nas titulacións actuais, e non serán tidos en conta os Ciclos de Grao Superior e Ciclos de Grao Medio. Os candidatos que presenten a Diplomatura de Maxisterio, Especialidade de Relixión, non serán valorados, xa que a especialidade que presentan, non é un título a maiores valorable.
A titulación de Filoloxía Galega será computada como g ...
[Descargar]