Decreto.........../2008 do.........., polo que se establecen os requisitos específicos para a autorización das escolas infantís 0-3 e se crea a Rede Galega de Escolas Infantís (Galescolas).
O artigo 27 do Estatuto de Autonomía, no seu apartado 23, atribúelle á Comunidade Autónoma de Galicia, con carácter exclusivo, competencias en materia de asistencia social. Con base na referida atribución competencial, aprobouse a Lei 4/1993, do 14 de abril, de servizos sociais (DOG nº 76, do 23 de abril), que vén a ordenar e regular os aspectos básicos dun sistema integrado de servizos sociais definido como servizo público da Comunidade Autónoma de Galicia. A devandita Lei inclúe, no seu artigo 5.3, entre as súas áreas de actuación, as dirixidas á familia, infancia e mocidade, contemplando o seu artigo 12, entre os equipamentos propios dos servizos sociais de atención especializada na devandita área de actuación, ás garderías infantís, ás ludotecas e a aqueles outros destinados aos mesmos fins.
Pola súa banda, o artigo 26.3 do citado texto legal atribúe á Administración autonómica a competencia para a regulamentación dos centros e servizos, públicos e privados -con ou sen ánimo de lucro- que presten servizos sociais, establecendo as condicións para a súa apertura, funcionamento, modificación, capacitación do seu persoal e peche.
No exercicio desta competencia, aprobouse o Decreto 243/1995, do 28 de xullo, hoxe substituído polo Decreto 143/2007, do 12 de xullo, norma que vén a establecer o réxime de autorización e acreditación dos programas e dos centros de servizos sociais e que contén a regulamentación dos requisitos xerais que deb ...
[Descargar]